Imprimir

O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día

que pasa na costa | 30 de xaneiro de 2013

Moreda en Corcubión co alcalde en xaneiro de 2011

Denuncia hoxe o BNG de Corcubión que a partida presupostaría de 100.000€ para rematar o centro de día de Corcubión, desapareceu dos orzamentos da Deputación para este ano 2013. Unha perda de financiamento que suporá que quede a medias un servizo fundamental para os maiores do Concello.

Xa levan as obras dous anos paradas, dende que A Deputación explicaba que as axudas daquel 2011 servirían para a finalización das obras de rehabilitación dos edificios Padroado e Asilo.

A día de hoxe, e mailo compromiso da Deputación, entón gobernada polo PSOE de Moreda, seguen retrasñandose así os prazos da execución da obra. Para "o BNG esta é a enésima afrenta da Deputación ao noso concello, que se ve perxudicado en detrimento dos concellos gobernados por alcaldes do Partido Popular, que saen beneficiados das arcas provinciais".

Pero tamén ten para o alcalde o BNG, ao consideralo como "máximo responsábel de chegar a esta situación, por non defender os intereses do concello como é debido, xa que son moitos os agravios que estamos a sufrir por parte das diferentes administracións públicas. Unha actitude pasiva e desganada que provoca a perda de axudas, ben por non reclamalas, como a do ministerio de vivenda para a praza Castelao ou a do mesmo centro de día, ou ben por non solicitalas, como as axudas de Agader á cal si se acolleron outros concellos da zona".

Así, o BNG de Corcubion insta ao alcalde "a que se mova do sillón e reclame a inclusión deses 100.000€ na vindeira modificación de credito da Deputación da Coruña sen máis dilacións, para rematar o proxecto do centro de día".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/o-bng-de-corcubion-denuncia-un-novo-retraso-nas-obras-do-centro-de-dia/20130130073742072027.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA