Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día

O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día
Oscar Insua e Pabllo Villamar

Este pasado venres Oscar Insua, candidato do BNG en Corcubión, reuniuse na sede da Deputación da Coruña con Pablo Villamar, vicepresidente da institución provincial para interesarse polos proxectos na vila. Os dous repasaron os diferentes plans de cooperación co concello, as axudas en materia de servicios sociais, e a proposta do BNG para o plan de obras e servizos deste ano, que consiste na rehabilitación do lavadoiro de Oliveira.

O edil corcubionés, que ademáis é asesor no seu gabinete, aproveitou a ocasión para solicitarlle ao vicepresidente un esforzo para axudar a financiar o remate do centro de día, pois os veciños levan tempo esperando a que poida comezar este servizo, que axudará a moitas familias a conciliar a vida laboral e familiar e aumentará o benestar e coidado dos nosos maiores.

Na reunión, que durou aproximadamente unha hora, o vicepresidente nacionalista adiantou que “nas previsións do goberno da Deputación, temos aprobar de inmediato, nos vindeiros días, unha partida arredor dos 100.000€ para o remate do centro de día de Corcubión”. Pola súa parte, o candidato Oscar Insua, agradeceu a Villamar o esforzo que a Deputación quere facer no concello, “para que o centro de día poida ser unha realidade este ano, e poidamos disfrutar dunha vez dun servizo que debería estar aberto hai tempo”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de presna do BNG de Corcubión.

Comentarios