Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos

O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos

Denuncia hoxe o BNG de Laxe, a través do seu vovceiro, Xosé Manuel Pose, que o Goberno Central elude responsabilidades ante a problemática da area en Laxe. Francisco Jorquera, voceiro do partido no Congreso, lanzaba unha pregunta no mesmo instando ao Goberno a tomar medidas.
O goberno central, na súa resposta "limítase a botar balóns fóra e culpar á administración galega, sen asumir ningunha responsabilidade nin no problema nin nunha hipotética solución", denuncian dende o BNG.

"A actitude de desleixo do goberno central súmase á do goberno galego", critican dende o BNG. Hai agora unha semana que o presidente de Portos de Galiza, Álvarez Campana, compareceu para dicir que "a súa responsabilidade era mínima". Ante esta "lavada de mans", dende o BNG sinalan ás directrices sobre actuacións en praias do Ministerio de Medio Ambiente, que din expresamente que “cando haxa que resolver un problema de restauración de dinámica litoral, este debe ser asumido, e o custe no seu caso, por quen o provocou”.

Deste xeito, a veciñanza laxense está "atrapada entre dous gobernos". Por iso, dende o BNG, aserguran teren "recabado o apoio do tecido asociativo de Laxe e nos próximos días pedirá formalmente unha reunión coa demarcación de Costas en Galicia".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Xosé Manuel Pose, Responsable local do BNG de Laxe.

Comentarios