Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG esixe o remate da Autovía Costa da Morte ata Cee

O BNG esixe o remate da Autovía Costa da Morte ata Cee
Autovia-Costa-da-Morte-lista-para-inaugurar No pasado mes de xuño abriuse o treito da autovía que conecta Carballo e Baio Despois de que o grupo popular asegurase que defenderá no pleno de mañá que continúe coa construción da autovía da Costa da Morte no treito que conecta Baio e a AC-432 en dirección a Camariñas, o BNG enmenderá a iniciativa e pedirá que a autovía chegue "nun principio até Berdoias e logo até Cee, mantendo o prometido no seu día, sen esquencer, por suposto, o enlace co peirao de Brens, imprescindible para o crecemento do porto e a liberación de tráfico de mercadorías pesadas polo centro da vila de Cee". Así o indican os representantes do BNG da Costa da Morte nunha nota de prensa remitida onte. Os nacionalistas da bisbarra, recordan que a autovía da Costa da Morte foi unha promesa do PP na época do Prestige dentro do chamado Plan Galicia onde se dicía que "ía colocar Galicia, e sobre todo a nosa comarca, na vangarda do desenrolo no estado español", sinalan. "Agora, case tres lustros despois, o único que demostra o PP con iniciativas tan cativas, é o nulo interese que teñen pola comarca. Vender unha e outra vez a mesma obra é síntoma inequívoco da falla de interese e da carencia de ideas para sacar a bisbarra do atraso económico no que estamos" sinalan dende o BNG Costa da Morte.

Novas relacionadas

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios