Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG pide que o goberno galego non acepte as "chantaxes" de Ferroatlántica

O BNG pide que o goberno galego non acepte as "chantaxes" de Ferroatlántica
ferroatlantica-cee Ferroatlántica pretende vender as centrais do Xallas O BNG insta ao presidente da Xunta a plantar cara á "chantaxe que Ferroatlántica está a facer á Costa da Morte" e ao propio goberno galego baixo a ameaza de que non haberá plan industrial para as plantas que a multinacional ten en Galiza, a menos que se lle permita vender as centrais do Xallas. "Centrais que ten en concesión desde fai décadas e que lle permitiron dispoñer de millóns de quilovatios de electricidade gratis a cambio de manter investimentos e emprego" sinalan os nacionalistas. Nun comunicado emitido onte, a multinacional declara que xa non considera “estratéxicos” estes “activos” razón pola que anuncia a súa intención de vendelos. “Resulta disparatado que unha empresa anuncie que pretende vender algo que non lle pertence, porque lembrámoslle a Villar Mir que as centrais son públicas, propiedade dos galegos e galegas, por moita nostalxia que teña de tempos pasados nos que espoliar os recursos do país para lucro privado era normal”, indicou o deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas. Se a multinacional considera que non precisa a concesión das centrais, afonda Rivas, “é de puro sentido común que o 100% dos beneficios da súa explotación revertan nas arcas públicas”. Compromisos O BNG pide a Feijóo que siga mantendo a unidade política, “nunha posición de país” e, ao mesmo tempo, esixa a Ferroatlántica o cumprimento de todos os seus compromisos en emprego e investimento, “porque Villar Mir débelle moito a Galiza, pero Galiza non lle debe nada a Villar Mir”, subliñou o deputado coruñés, “algo que comparte toda a Costa da Morte como se puido ver na recente manifestación a favor do futuro industrial da comarca”. Ademais, o Bloque chama a atención sobre o feito de que Ferroatlántica teña anunciado que pretende ingresar pola venda 255 millóns de euros e fale dun investimento de 50 millóns de euros. “Sería unha estafa a todos os galegos e galegas que se lle regale a esta multinacional 255 millóns de euros para un suposto investimento de 50, aínda que é difícil dar crédito a cifras e argumentos que mudan case en cada comunicado, ademais da ousadía da empresa ao ameazar con suspender ese investimento senón se lle permite espoliar os recursos públicos de Galiza”, concluíu

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios