Imprimir

O Cabo Fisterra albergará a meta dunha etapa da Vuelta 2013

que pasa na costa | 19 de outubro de 2012

Fisterra tamén vivirá a Vuelta 2013

Tralo éxito do paso pola Vuelta na costa da Morte, Unipublic parece que aposta pola Costa da Morte como referente nas chegadas a meta. De feito, a Vuelta 2013, que partirá das Rías Baixas, terá unha etapa que rematar no Cabo Fisterra e outra que probablemente saia de Camariñas.

Será de novo un escaparate turístico espectacular para a nosa bisbarra unha vez que xa dimos conta da repercusión mediática que acada a 3ª proba máis importante do ciclismo mundial.

Parece que a saída será dende as Rías Baixas será o 24 de agosto, dende Vilanova de Arousa cunha contrareloxo por equipos, así que os 3 ou 4 días posteriores o peltón pasará pola nosa bisbarra.

Aínda non está confirmado, pero segundo puidemos ver nalgún foro praténxase dúas etapas polas nosas terras:

  • 3ª ETAPA: Sanxenxo - Cabo Fisterra 175,60 KM.
  • 4ª ETAPA: Camariñas - Santiago (A cidade da Cultura) 181,22 KM.

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/fisterra/o-cabo-fisterra-albergara-a-meta-dunha-etapa-da-vuelta-2013/20121019090928071443.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA