Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Camiño, do revés, polo ensino público

O Camiño, do revés, polo ensino público
Unha das mobilizacions polo ensino ublico

Simbólica e reivindica iniciativa a que está a desenvolver a Plataforma pola defensa da Montaña e do Rural. Un grupo que leva facendo o Camiño de Santiago, pero á inversa, en defensa do Ensino Público e Gratuíto. A súa propostaestá a piques de rematar o camiño de Santiago a Fisterra, e é a Federación de ANPAS da Costa da Morte a que quere brindar todo o seu apoio á iniciativa.

Así, os pais e nais de toda a bisbarra animaranse a realizar as etapas do Camiño do revés, e animan a que todo o mundo se una nesta loita.

Cada fin de semana faise unha etapa do camiño entre Compostela e Fisterra para chamar a atención das administracións, xusto no comezo das clases. A pasada saíron do obradoiro ata Hospital, e este vindeiro sábado 24 de agosto partirá a expedicióm ás 10 da mañá, de Hospital (Dumbría) a Corcubión. A última fase será o 7 de setembro de Corcubión a Fisterra.

E mentres irán explicando a todos os veciños o por que desta proposta: Dende que comezaron os recortes, centos de nais, pais, profesorado, alumnos e simpatizantes deste movemento levan loitando, coma nós, por un Ensino Público, Galego e de calidade, como base para o futuro das vindeiras xeracións, das comunidades, dos pobos, dos paises do mundo enteiro, porque as nosas fillas e fillos teñen dereitos e non son simples números dos que tirar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios