Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros organiza unha xornada de captación de trasn@s voluntari@s

O Camiño dos Faros organiza unha xornada de captación de trasn@s voluntari@s
A Traskifamilia segue medrando arredor do Camiño dos Faros A Traskifamilia segue medrando arredor do Camiño dos Faros

Poucos proxectos civís chegan tan lonxe como o Camiño dos Faros. Unha ruta que abrían media ducia de veciños hai agora 6 anos acabou por converterse no produtor turístico máis importante da Costa da Morte. Un tesouro natural, e un gran motor económico, que leva crecendo gracias á veciñanza, gracias aos voluntarios.

Pero o tempo pasa e mesmo os trasn@s necesitan relevo. Por iso a Asociación O Camiño dos Faros organiza unha Xornada de Captación de Voluntarios. Este novo empurrón farase nunha xornada de andaina, dende Malpica a Niñóns, durante a mañá do vindeiro domingo 28 de outubro.

A idea é que a 9ª edición do Camiño (esas saídas en familia nas que teñen saído ata un milleiro de persoas), que se celebrará na primavera de 2019, sexa con novos voluntarios, dando relevo aos que levano anos coidando a cada camiñante.

As labores son as habituais, charlas nos buses, presencia nos cruces, apertura e peche da ruta, coches de seguridade, etc. Todo executado baixo un protocolo que van mellorando todos estos anos.
Buscan ademais especialistas en administración, na xestión de asociacións, traballo cooperativo, cooperativas sociais, etc… Precisamente tamén xentes que participe na preparación das etapas, nos desbroces, na sinalización… E xentes de comunicación web, tradutores, creadores de contidos audiovisuais e Tecnoloxía GIS para

Os trans@s animan a todo o mundo a unirse á Traskifamilia, para seguir dando impulsos a este fermoso proxecto natural, e promocionar a nosa zona, concienciar da importancia da natureza na Costa da Morte, fomentar a creación de postos de traballo… facéndoo todo “cunha filosofía de baixo coste, máxima eficiencia e máxima transparencia”.

E como eles sempre din: “Pode que os trasn@s desaparezan, pero sempre quedará o Camiño dos Faros”.

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-sentimento-trasno-de-teresa-candal-chega-a-stoupa-polo-camino-dos-faros/ https://quepasanacosta.gal/o-camino-dos-faros-celebra-os-seus-5-anos-dando-oxigeno-a-costa-da-morte/

Comentarios