Imprimir

O Camiño por Brandomil en 150 pares de pegadas

que pasa na costa | 28 de maio de 2018

Non hai volta atrás. Máis de 150 persoas volveron secundar a consolidación do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, facendo a segunda etapa do mesmo esta pasada fin de semana. Son aínda 10 persoas máis das que saíron a semana pasada da Praza do Obradoiro. Esta andaina celébrase por terceiro ano consecutivo, dándose un incremento moi notable no número de participantes.

Nesta terceira edición sumáronse novamente todos os concellos involucrados: A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Zas e Vimianzo, e ademais das asociacións involucradas o ano pasado: Lumieira (A Baña), San Luís da Pereira (Santa Comba), Asociación Cultural Antes (Mazaricos), Grandimirum (Zas) e Baíñas no Camiño e Asociación Parroquial Berdoias (Vimianzo), sumouse unha nova asociación no concello de Santa Comba: Trotasendas.

A seguinte etapa percorrerase do próximo domingo 3 de xuño, tendo saída dende Brandomil e finalizando en Berdoias. Todos aqueles que se queiran sumar pódeno facer nos diferentes concellos involucrados.

https://quepasanacosta.gal/140-persoas-secundan-a-pe-o-camino-santiago-muxia-por-brandomil/
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/o-camino-por-brandomil-en-150-pares-de-pegadas/20180528062453088120.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA