Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Campionato de Pesca Submariña cede 350 kg de peixe a Cáritas

O Campionato de Pesca Submariña cede 350 kg de peixe a Cáritas
Arturo Pasantes gañou o Campionato de Pesca Submariña de Muxía

Máis de 350 kg de peixe capturado no transcurso de I Campionato Solidario de Pesca Submarina, foron doados a Cáritas o pasado sábado, en virtude do acordo subscrito entre o Club Costa da Morte Sub, organizador do evento e a empresa Ferroatlántica, patrocinadora do mesmo. Unha boa iniciativa, a de doar as pezas capturadas polos participantes.

Entre eles, o camariñán Arturo Pasantes Vidal, bombeiro en Cee e pertencente ao club local, proclamouse vencedor da proba, que reuniu a máis de 60 participantes.

O campionato celebrouse ao longo da mañá do sábado na praia de Lourido (Muxía) e desenvolveuse con total normalidade, de acordo co previsto. Entre as especies capturadas e doadas á entidade benéfica, podían atoparse pinto, maragota, sargo, robaliza, dourada, mújel, abadexo, etc... Neste sentido, a organización puxo o acento no respecto aos bancos marisqueiros da ría e no cumprimento da normativa da federación por parte dos deportistas participantes.

Entre as pezas capturadas, unha robaliza de 2790 gramos, capturada por Abraham Padín, do Club Sotavento, foi a de maior tamaño.

Clasificación

Os 5 primeros clasificados no Campionato de Pesca Submarina de Muxia

Os dez primeiros clasificados da proba foron os seguintes:

  • 1º: ARTURO PASANTES VIDAL (CAS COSTA DA MORTE SUB).
  • 2º: CARLOS GUISAMONDE ATAN (CAS COSTA DA MORTE SUB).
  • 3º: ALFREDO VARELA GARCÍA (OZA - O PUNTAL).
  • 4º: AGUSTÍN LOURO LAGO (CAS COSTA DA MORTE SUB).
  • 5º: IVÁN COSTA GARCÍA (CAS COSTA DA MORTE SUB).
  • 6º: ABRAHAM PADÍN GUILLÉN (SOTAVENTO).
  • 7º: PEDRO SILVA CARBALLO (CAS COSTA DA MORTE SUB).
  • 8º: SANTIAGO PAZ GONZALEZ (CAS COSTA DA MORTE SUB).
  • 9º: MARIO DEAÑO GARCÍA (ADC RASPA).
  • 10º: JESUS MUMBERTO CASTRO ALBOREZ (CAS COSTA DA MORTE SUB).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ferroatlántica.

Comentarios