Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Carrumeiro segue crecendo con novos regatistas e novas escolas municipais de vela

O Carrumeiro segue crecendo con novos regatistas e novas escolas municipais de vela

O Club Marítimo Carrumeiro, xunto coa Escola de vela Cataventos, asistiu o 16 e 17 de setembro 2011 ao Real Club Náutico de Sanxenxo "Regata EL Corte Inglés", clasificatoria para o Campionato Galego de Optimist un total de 107 embarcacións divididas en tres subclases (nenos entre 12-14-B; entre 10-11 C; e entre 8-10).

Os resultados puideron ser mellores, pero os corcubioneses puideron celebrar o debut de dúas novas regatistas: Elena Coronilla Jiménez (na Clase B Optimist Ferroatlántica), e Iosune Muiño Bermúdez de Castro (na Clase C Optimist Vodafon Santitel). Sendo o seu primeiro campionato cabe dicir que aguantaron xa que cada día permanécense na auga unha media de 5h que é toda unha marca.

En canto a resultados, Manuel Marcote Codesido, o máis veterano da expedición, conseguiu situarse no posto 24 cun total de participantes de 51 da clase A Optimist Tesec.
Cristina Fernández Trillo (Clase A Optimist Osma) conseguiu un posto 46 realizando un dos seus mellores postos na manga na que as condicións de mar e vento foron mais intensas.
E Paula Trindade Leo (Clase B Optimist El Hórreo), acadou o posto 36 dun total de 40 participantes.

Nova Escola Municipal

Xa son dúas as Escolas Municipais abertas dende o peirao corcubionés. A entidade agradece o apoio dos Concellos de Cee e de Corcubión por crear a escolal, coa que a canteira de novos navegantes aumentase potencialmente, vendo próximo o día en que se esta zona sexa berce de grandes balandristas.

Novas relacionadas

Máis novas acuáticas

Fonte

  • Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.

Comentarios