Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Castelo Rock adianta un cartel espectacular para a última fin de semana de xullo

O Castelo Rock adianta un cartel espectacular para a última fin de semana de xullo
Castelo Rock 2019-Muros

Marquen en vermello no calendario os días 26 e 27 de xullo, porque o Castelo Rock adianta o festival na súa XVI edición para a ponte de Santiago Apóstolo. Así a última fin de semana de xullo o rock volverá invadir a vila de Muros na cita anual que organiza a A.C.R.D Praia do Castelo.

Os rapaces da asociación levan traballando arreo xa dende o remate da pasada edición, para darnos a coñecer os 6 primeiros grupos que conformarán un cartel tremendo.

A primeira banda en ser confirmada é SINKOPE. A banda extremeña coñecida por combinar a perfección poesía e rock estarán por primeira vez sobre o escenario do Castelo Rock. Virán a presentarnos o seu último disco “El parque de los poetas”, aínda que seguro non faltarán os temas que os fixeron grandes. Dende A Coruña, chegan BASTARDS ON PARADE. A consagrada banda de punk folk celta e un dos estandartes do xénero en Europa, estarán en Muros celebrando o seu décimo aniversario. Contarán coa volta do gaiteiro orixinal (Aspy) tras o seu paso pola famosa banda canadiense The Real Mckenzies. Presentaronnos o seu último disco íntegramente en galego, donde se poden ver historias da clase traballadora galega, do mar... mesturando a perfección Punk-rock, Oi! coas súas raíces celtas. De seguro nos espera unha boa festa. A terceira banda que conformará o cartaz do Castelo Rock será APHONNIC. Os de Vigo chegan coa súa bandaza. Poderíamos definilos como unha mistura entre o metal máis alternativo e o hardcore, con letras de gran carga emocional, expresando raiba entre outras profundas emocións. Despois do éxito do seu anterior traballo (Indomables) que os levou a actuar en prazas tan importantes como o grandioso Download Fest de Madrid, agora atópanse en Lisboa inmersos na grabación do seu novo traballo que verá a luz en outono-inverno de 2019, e fará tremer ao Festival Castelo Rock en Xullo. E seguimos para bingo. DESAKATO. Un dos pratos fortes desta edición! Converténdose nun dos maiores referentes do punk-rock e Hard-Core en español, podemos afirmar sen ningún complexo que estamos ante unha das bandas máis en forma do panorama musical actual e que virán a Muros a incendiar o escenario do Castelo Rock co seu impactante directo. THE BROKE. Os gañadores do primeiro concurso de bandas emerxentes do Castelo Rock veñen pisando forte logo de desfacerse dos seus competidores no mercado de Muros. A batalla non foi fácil, e por iso tende por seguro que o grupo gañador vai cumplir tódalas expectativas do público máis exquisito. E a última das bandazas que coñeceremos neste adianto é GATILLAZO. Unha banda das que non fai falta presentación. Xa facía 5 anos que o gran Evaristo Páramos non visitaba o Castelo Rock, demasiado tempo para o festival punk-rock galego por excelencia sen contar co seu máximo referente.

Entradas

Os abonos serán de 15,95€ + gastos de xestión ata o 1 de marzo, e é posible conseguilas nas webs www.castelorock.com e https://www.wegow.com. A zona de acampada será completamente gratuíta e o aforo é limitado, polo que se recomenda comprar a entrada con antelación.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-castelo-rock-de-xeracion-en-xeracion/ https://quepasanacosta.gal/o-castelo-rock-e-o-nexo-de-union-co-que-crecimos-e-medramos-moitos-muradans/ 

Comentarios