Venres. 29.03.2024
El tiempo

O ceense Fernando Fraga levará o seu acordeón ao Festival Intercéltico de Lorient

O ceense Fernando Fraga levará o seu acordeón ao Festival Intercéltico de Lorient
Fernando Fraga a dereita co grupo de Oscar Ibanez

Por aquí xa sabemos que o bo de Fernando Fraga é toda unha eminencia en canto a música se refire. Non só polo seu legado de tantos anos á fronte da Escola de Música Municipal de Cee, senón por toda produción musical que ten detrás. Pero é que ademais, nos últimos anos podemos velo en escenarios internacionais.

A seguinte cita na que estará o ceense será no Festival Intercéltico de Lorient, durante o vindeiros días 6 e 7 de agosto e formando parte do grupo Folk Óscar Ibáñez & Tribo.
Na edición deste ano 2014, adicada a Irlanda, o grupo de Oscar Ibañez & Tribo vai representando a Galice.

Pero non é a primeira vez que Fernando está en Lorient, pois xa tocou en dúas ocasións formando parte do grupo do gaiteiro Carlos Nuñez.

Aquí o vemos coa Tribo de Óscar Ibáñez:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios