Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O CEIP Ramón de Artaza de Muros vive unha semana terrorífica

O CEIP Ramón de Artaza de Muros vive unha semana terrorífica
trastenda-dos-contos trastenda-dos-contos Non hai cole da bisbarra que non celebre estes días o Samaín. E se non que llo conten aos alumnos e alumnas do CEIP Ramón de Artaza de Muros que esta semana teñen unha morea de actividades. O alumnado xa se foi poñendo en contexto as semanas pasadas e comprobaron que había medos moito máis comúns do que se pensa... quedarse só, a escuridade, os tronos, os temporais,... son algúns dos temores máis frecuentes entre os nenos e nenas. Os alumnos e alumnas dos cursos superiores encargáronse de crear historias de medo para contarllas aos máis pequenos da escola ao longo destes días. Así, os maiores - debidamente caracterizados co tema - poñen en marcha as súas habilidades escénicas. Logo das lecturas todo o alumnado degustará a beberaxe para purificarse de meigallos e espantar os males de ollo ata o vindeiro curso. Simultáneamente alumnos/as de 5º de primaria teñen preparados algúns contos para lerlle aos máis pequeniños de educación infantil. O xoves, día 2, contan coa colaboración da ANPA do centro para gozar dun espectáculo que correrá a cargo da Trastenda dos Contos. "Caxoto contacontos" fará as delicias de todos/as nun espectáculo que leva por nome “Historias de medo que deixan durmir”. O fin destas xornadas tan terroríficas chegará o venres, día 3, coa visita das exposicións de cabazas decoradas e de centros de outono elaborados polo alumnado do centro en colaboración coas familias. Logo do recreo todos os estudantes bailarán unha coreografía previamanete preparada e por último disfrutarán dunha divertida merendola de Samaín onde se poderán degustar os doces típicos destas datas que serán elaborados previamente nas aulas e polas familias. Fonte  

Comentarios