Venres. 19.04.2024
El tiempo

O cemiterio republicano de Corcoesto: o abandono dos mortos

O cemiterio republicano de Corcoesto: o abandono dos mortos
cemiterio-civil-republicano-corcoesto-cabana Cemiterio Civil republicano da Costa da Morte

A través da interesante web historiadegalicia.gal e do blog valfluvialdolouridocorcoesto.com, recuperamos esta historia triste e real contada pola xente do Petón do Lobo. A historia dun abandono, dun abandono da morte, dos nosos mortos.

Segue España con moito medo de escarvar nas súas feridas, e os cemiterios civís da II República son un exemplo. O Cemiterio Civil da parroquia cabanesa de Corcoesto, situado no lugar do Cortiño así o exemplifica.

Foi construído a medidados dos anos 30 precisamente para garantir a liberdade relixiosa da veciñanza (disque o movemento da masonería medraba na zona), e debida á falta de espazo no cemiterio da igrexa parroquial naqueles tempos. Tivo que ser ubicado nun lugar alonxado dos núcleos poboacionais por non poder garantir as condicións de hixiene e salubridade necesarias.

Hoxendía permanece afogado por un monte de piñeiros. O muro exterior dá conta da inmensidade do lugar, pero apenas se pode un adentrar para debullar a nosa historia. Así, non parece sinxelo que se poida incluir nunha hipotética ruta do necroturismo costeiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios