Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Centro de Interpretación do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro abre por Semana Santa

O Centro de Interpretación do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro abre por Semana Santa
O Centro de Interpretación do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro abre por Semana Santa

Este sábado 28 de marzo, na Casa de Pedra do Ézaro, ás 10:30 h, vai ter lugar un acto para a presentación aos medios das melloras realizadas neste local para a acollida do Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro.

Ao longo dos últimos meses viñeronse realizando neste edificio obras para a instalación na planta baixa de novos contidos e paneis que recollen unha información exhaustiva da Fervenza e do seu entorno. Na planta superior instaláronse novos paneis con información detallada sobre catro rutas que xiran en torno ao Monte Pindo, a súa xeomorfoloxía, flora, fauna, etc.

No centro proxectaranse tamén imaxes de fotografías e videos con diferentes vistas aéreas.

Este centro estará aberto xa ao público durante esta semana santa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Dumbría.

Comentarios