Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O CFR contúan formando ao profesorado en filosofía “maker” nunhas xornadas en Cee

O CFR contúan formando ao profesorado en filosofía “maker” nunhas xornadas en Cee
movimiento maker

Novas xornadas formativas para mestres que organiza o CFR da Coruña en Cee esta fin de semana. Arredor de 40 profesores da comarca asistirán ás xornadas STEM En Acción na Educación Infantil e Primaria, que se impartirán durante 20 horas no IES Fernando Blanco, estes 14, 15 e 16 de decembro.

Unhas xornadas que ratifican a necesidade da formación continua do profesorado, e que lles permitirán coñecer e dominar as ferramentas de creación de produtos tecnolóxicos mediante traballo colaborativo, así como manexar con soltura as competencias necesarias para a participación en contornas propias da filosofía “maker”.

Deste xeito, o profesorado aprenderá a cultura do #DoItYourself (faino ti mesmo), unha das novas vías educativas que fomenta a capacidade creativa do alumnado.

O venres, a partir das 16:30h, haberá sesións de Dinámicas de intelixencia emocional e visual thinking e Design Thinking. O sábado será día de Ximnasia creativa, mapa de empatía, Customer Journey Map e mesmo, Conceptualización do produto/servizo. Pola tarde farase unha visita ao museo, e o domingo, farase a posta en común dos proxectos, o Storytelling e o feedback de todos os ponentes.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/de-baio-a-cardiff-a-importancia-da-formacion-continua-do-profesorado/

Comentarios