Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O CIM de Santa Comba prepara o 25N cun concurso de logo e slogan

O CIM de Santa Comba prepara o 25N cun concurso de logo e slogan

Xa comeza a resoar o 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O primeiro en moverse é o Concello de Santa Comba que a través da súa Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, dirixida por Esther Espasandín Turnes, e do Centro de Información ás Mulleres, ten preparado un completo programa de actividades para a concienciación sobre a problemática da violencia de xénero.

O obxectivo é motivar á mocidade da necesidade mobilizarse e para iso promove o 1º Concurso de Logo e slogan “25NSanta Comba”, no que a poboación de 16 a 30 anos de Santa Comba poden crear o logo e a mensaxe da campaña para a conmemoración do 25N. Un xeito de utilizar o formato visual para previr, denunciar e sensibilizar sobre a violencia de xénero.

Como participar

As propostas deberán de ser orixinais e en galego, e deberán afrontar a problemática desde unha visión positiva de que sí hai saída, e terán como prazo de presentación entre o 10 de outubro e o 26 de outubro de 2018 incluído. O xurado fallará o día 31 de Outubro, e os traballos premiados obterán 3 premios de material tecnolóxico. As bases estarán publicadas nas redes sociais municipais e na páxina web www.santacomba.es

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/teresa-castro-unha-atleta-costeira-que-bate-marcas-na-galeria-mulleres/

Comentarios