Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O cole de Dumbría celebrou outra intensa semana do Libro

O cole de Dumbría celebrou outra intensa semana do Libro

Volveron os libros tomar o cole de Dumbría. O CEIP Santa Eulalia de Dumbría celebrou, durante a semana do 23 ao 27 de abril a VII Semana do Libro. Unha semana chea de actividades na que os protagonistas foron os máis peques.

Este ano foi un concurso literario o que centrou o programa. Todos os alumn@s do centro participaron cos seus contos e relatos, deixando unha serie de gañadores que darán moito que falar coa súa pluma.

A Semana completouse con dúas fermosas visitas. O xoves estivo o mago Martín Camiña, gracias á colaboración do Concello, facendo as delicitas dos máis pequenos co seu espectáculo máxico-lingüístico "Lingua do país" por Martín Camiña. Quedaron abraiados os peques dumbrieses coas súas ilusións con cartas, cordas…

E quen mellor para pechar a Semana que unha habitual. Rocío Leira é xa parte do centro, e realizou un obradoiro literario co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. O Mago Martin Camina no Cole de Dumbria O Mago Martín Camiña no Cole de Dumbría Rocio Leira na Semana do LIbro do colexio de Dumbria Rocio Leira na Semana do LIbro do colexio de Dumbría

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios