Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O comité de empresa cre que é unha falta de respecto que Arteixo apoie o plan industrial de Ferroatlántica

O comité de empresa cre que é unha falta de respecto que Arteixo apoie o plan industrial de Ferroatlántica
ferroatlantica-dumbria As plantas de Ferroatlántica en Dumbría e en Cee xeran uns 300 traballos directos O pleno celebrado o pasado luns no concello de Arteixo aprobou - coa única abstención do BNG - apoiar o plan industrial de Ferroatlántica para a súa fábrica de Sabón e que segundo o Comité de Empresa supón o peche e a consecuente pérdida de empregos das plantas da Costa da Morte. "É como se nós reclamamos que Inditex veña para a Costa da Morte", din dende o Comité de Empresa que reiteran que estas fábricas se construiron aquí porque "había un río e se expropiaron os terreos forzosamente declarándoos de titularidade pública que trouxo moitos mortos nas negociacións". Así que para eles o feito de que veñan "apropiarse" destas concesións consideránna unha "auténtica falta de respecto". Ante esta situación, sigue en pé a folga do vindeiro sábado día 8 así como as mobilizacións.  Ás 12 horas do día 8 haberá en Santiago de Compostela unha manifestación con saída da Alamedana que se espera unha alta participación. Ademais, o mércores 5 de xullo arrancará dende Cee unha marcha a pé de traballadores e traballadoras. Pola súa banda, Ferroatlántica remitiu onte a Augas de Galicia unhas alegacións ao escrito enviado polo Comité de Empresa pola segregación de actividades e venda. Amparada por un informe do catedrático de Dereito Administrativo Luís Míguez, a empresa sostén que, a diferenza do que acontece co negocio hidroeléctrico que sí está suxeito a concesión, non acontece o mesmo coas ferroalecións, unha actividade que segundo eles é privada. Un novo argumento co que Ferroatlántica pretende que a Xunta autorice a segregación que ameaza a actividade na Costa da Morte.

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios