Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Comité de Empresa de Ferroatlántica reitera que non acudirá á reunión de hoxe convocada pola dirección

O Comité de Empresa de Ferroatlántica reitera que non acudirá á reunión de hoxe convocada pola dirección
Oficinas das centrais hidroelectricas de Ferroatlántica no Ézaro O comité de empresa de Ferroatlántica reitera a súa posición de non acudir á reunión que convocou a dirección da empresa para mañá xoves en Madrid. Nun comunicado, os representantes dos traballadores e traballadoras din que "tampouco asistirán a futuras convocatorias que estén relacionadas co plan industrial asentado na venda ilegal das centrais hidroeléctricas e que tería que pasar por un posicionamento previo por parte da empresa de desistir publicamente da intención de vender as centrais da segregación de actividades". Precisamente onte, a CIG anunciaba que tampouco asistiría á convocatoria feita pola dirección da empresa. Na súa convocatoria, a dirección da empresa anunciaba a constitución dunha mesa negociadora da que formarían parte as centrais sindicias e os representantes dos distintos centros de traballo. A este respecto, o comité de empresa manifesta que "non recoñece dito marco negociador que só pretende lexitimar, cun aparente respaldo sindical, unha operación totalmente ilegal como é a venta das centrais hidroeléctricas e segregación de activiades", sinalan dende o comité de empresa. Para os representantes dos traballadores e traballadoras, o único marco válido de discusión e decisión é o que atinxe ás concesións hidroeléctivas que están vinculadas ás fábricas galegas. Por outra banda, o comité de empresa reiterán a súa petición de reunión coa consellería de Industria xa que "non poden seguir a mirar para outro lado mantendo unha actitude cómplice", indican.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios