Martes. 16.04.2024
El tiempo

O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria

O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria
  • Última hora: Hoxe ás 17:00h en Dumbría, o Presidente da Deputación reunirase co Comité de Empresa de Ferroatlántica e cos alcaldes da comarca.
  Mentras que o presidente da Xunta de Galicia - Alberto Núñez Feijóo aseguraba que Ferroatlántica non presentou ningún ERE - Expediente de Regulación de Emprego - os membros do Comité de Empresa mantiñan unha reunión co director xeral de Enerxía e Minas - Ángel Bernardo Tahoces - e co conselleiro de Industria - Francisco Conde -. Na reunión acordaron abrir un periodo de negociacións coa consellería polo que o Comité de Empresa indica que esperan que nas próximas xuntanzas o goberno galego manifeste o seu rexeitamento á venda especulativa das fábricas que a compañía ten na Costa da Morte. A este respecto, os representantes dos traballores de Ferroatlánticia reiteran que "a Xunta non pode pretender despachar un tema de vital importancia para comarca sen unha intervención inmediata do goberno galego e do seu presidente porque é o único que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa". Así que esperan que estas xuntanzas institucionais sirvan para "evitar a venda das centrais, garantir o futuro dos empregos e as fábricas, e salvagardar o interese público, se fora necesario recuperando a Xunta o control público das concesións". Unha vez máis, o Comité denuncia que a obstinación da empresa por levar adiante a venda das centrais hidroeléctricas significa a ruína da comarca, xa que de facerse efectiva a segregación das actividades produtivas "abriríase un futuro incerto" as factorías co escenario do peche das mesmas. "Non nos fartaremos de repetilo: a única garantía de futuro para as fábricas de Cee e Dumbría e os empregos é manter vinculadas e dentro do mesmo grupo as actividades de ferroaleaxes e de produción de enerxía", reiteran os representantes dos traballadores.  

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios