O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa
08:14 28/10/16
Fábrica de Ferroatlántica de Cee
Despois as declaracións do presidente de Ferroatlántica - Pedro Larrea - sobre a confirmación da venda das centrais hidroelécticas, o comité de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas manifesta a súa oposición ao entender que se trata dunha operación especulativa que volve a abrir un conflicto como no ano 1992 e que ameaza os empregos en Cee e en Dumbría.
Deste xeito, dende o comité de empresa reiteran que a Xunta de Galicia debe recibilos para se comprometan cos traballadores e respeten os compromisos adquiridos así como garantir o cumprimento da legalidade vixente.
Pola súa banda a CIG tamén manifestou o seu desacordo coas pretensións de Ferroatlántica e entende que a única garantía de futuro para as fábricas de Cee e Dumbría e os empregos é manter vinculadas e dentro do mesmo grupo as actividades de ferroaleacións e de produción de enerxía.
Así llo fixo saber na reunión que mantiveron na mañá de onte en Madrid o comité de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas e o presidente de Ferroatlántica, Pedro Larrea, e na que tamén participaron o secretario da Unión Local da CIG de Cee, Xabier Santos, e o secretario Confederación de Organización, Paulo Carril. Unha reunión que, ao entender da central sindical, confirma que "estamos ante unha operación puramente especulativa e un novo espolio dos recursos do noso país".
A empresa xustifícase ligando a venda á obtención de fondos que presuntamente destinará ás fábricas, de igual xeito que cando no ano 1992, o Grupo Villar Mir - propietario de Ferroatlántica - adquiriu o complexo industrial, as centrais e os encoros, anunciando investimentos e melloras - como o famoso forno 23 - que nunca se realizaron.
Neste senso, a CIG lembra que precisamente o aproveitamento dos recursos hidráulicos permitiu a Ferroatlántica consolidar a súa posición de liderazgo no sector. A central asevera que as explicacións do presidente non son críbeis nin poden xerar confianza.
Promesas
No seu intento de convencer ao Comité da “gran oportunidade” que supón desfacerse das centrais, a empresa vinculou a venda á mellora das condicións laborais de determinado colectivo de persoal e anuncia que a operación se traducirá en inversións para as fábricas da comarca, para a continuación referirse só á xa comprometida planta de silicio solar en Sabón e á construcións de novas instalacións en Puertollano.
A este respecto, a CIG tamén se cuestiona a política da empresa, que aproveita os nosos recursos mineiros , pero que se nega pechar todo o proceso de produción na comunidade, esquilmando así os bens naturais de todos dos galegos e galegas sen achegar contrapartidas socioeconómicas.
Por iso, a CIG esixe da empresa que cese no seu empeño de vender as centrais e demanda un Plano Industrial de futuro en base as condicións que permitiron a autorización administrativa dos aproveitamentos hidráulicos. "É dicir, que as centrais permanezan dentro do grupo, asumindo a non segregación das actividades enerxéticas e de ferroaleacións. Ese é o único modo de garantir o interese público e o mantemento dos empregos. Esa é a opción de ouro de Ferroatlántica", manifestan dende o sindicato.
Reunión coa Xunta
Para a central sindical, a reunión de onte demostra tamén a urxencia de que o presidente da Xunta atenda a solicitude de xuntanza remitida polo Comité e interveña sen demora, paralizando esta operación especulativa e non autorizando a segregación.
A CIG considera que os cambios administrativos aos que se refire a empresa non amparar as súas pretensións e denuncia que o goberno galego, co seu silencio estea a colaborar naactuación da empresa, e permitindo que se poña en risco a continuidade de 400 postos de traballo.
Así as cousas, hoxe o persoal reunirase en asemblea para valorar novas mobilizacións a realizar até que a compañía cese no seu intento ou a Xunta se aveña a cumprir coa legalidade.
Novas relacionadas
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])
- CIG