Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica pide unha nova reunión coa Xunta e anuncia que volverá ás rúas

O Comité de Ferroatlántica pide unha nova reunión coa Xunta e anuncia que volverá ás rúas
Imaxe da Asemblea do Comite de Ferroatlantica do pasado febreiro-Foto-Rafa Quintans Imaxe da Asemblea do Comite de Ferroatlantica do pasado febreiro-Foto-Rafa Quintáns

Tremeron os cimentos da Costa da Morte onte coa petición oficial de Ferroatlántica da segregación de actividades. E xa temos resposta do Comité de Empresa, que tras moitos meses en loita, ten que poñer de novo a pancarta nos dentes e saír ás rúas.

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, matiñan esta mañá de venres 12 de maio unha reunión de urxencia, na que acordou “levar adiante todas as mobilizacións que sexan necesarias para esixir á Xunta de Galicia que, de xeito inmediato e contundente, desautorice a solicitude de segregación de actividades presentada formalmente no día de onte pola empresa.”

De feito, non descartan novas xornadas de folga (como a do pasado marzo) ou grandes manifestacións polas rúas de Santiago ou da comarca.

De igual xeito, o Comité vén de remitir un escrito ao conselleiro de Industria pedindo unha reunión urxente para coñecer que documentación achega a empresa e que actuacións vai realizar o departamento autonómico. No caso de que a Xunta e a Consellaría non respondan á petición nas próximas horas, o Comité porá ne marcha as medidas que sexan precisas para esixir do conselleiro que nos reciba.

”Novas mentiras da empresa”

Así mesmo, este Comité quere facer unha serie de consideración ao contido do comunicado enviado á prensa por Ferroatlántica. Cando di que “solicita o retorno ao estado orixinal das concesións”, lembran que “a concesión dos aproveitamentos hidráulicos estivo sempre vinculada á produción de ferroaliaxes. Volver ao estado orixinal sería recuperar os ríos como estaban hai 100 anos, sen saltos de auga e sen encoros”. Lembran tamén que “tanto o TSXG como o Tribunal Supremo ratificaron nas súas sentenzas a vinculación de ambas actividades”.

Doutra banda, deixan claro que “non é certo que a maioría sindical teña avalado o acordo sobre o proxecto industrial. Hai que subliñar que o 75% da representación sindical dos centros de traballo afectados directamente son contrarios a esta operación especulativa”. E lembran o a demostración do compromiso “do empresariado da comarca, os alcaldes, o comercio e o conxunto da sociedade da Costa da Morte na multitudinaria manifestación do pasado 10 de marzo.

Negocio vs emprego

O Comité aseguran que se trata dunha “operación especulativa”, na que “o que busca a empresa é facer negocio coa venda das centrais, pondo en risco a continuidade dos empregos e as factorías e obtendo uns recursos económicos que, en boa medida, irán a parar a Aurinka, a planta de silicio solar que Javier López Madrid (presidente de Ferroglobe e imputado na Operación Lezo e inmerso noutras causas xudiciais) impulsou en Puertollano”.

“A credibilidade do plan industrial de Ferroatlántica ten a mesma credibilidade que un personaxe como López Madrid, e constátase no incumprimento de calquera inversión e modernización nas fábricas -nin tan sequera se construíu o formo 23 en Dumbría-; estamos vendo as verdadeiras consecuencias que supón a fusión con Globe; e no incumprimento das inversións anunciadas en setembro de 2016 en FerroSolar. En modo algún é verdade que se vaian xerar os postos de traballo que manexa a empresa, pois no mellor dos casos estaríamos falando de 30 empregos”, explican.

A pelota, no tellado da Xunta

Despois de moito tempo de silencio, non lle queda outra á Xunta que manifestarse. En todo caso, o Comité lémbralle ao Goberno galego que “autorizar as pretensións do Grupo Villar Mir suporía unha ilegalide e sería unha decisión nula de pleno dereito”, como recolle o informe técnico-xurídico queencargaron á Universidade da Coruña. ”Este documento confirma que, de producirse un cambio das condicións orixinais das concesións, isto será motivo de caducidade das mesmas e polo tanto, deberán ser devoltas á administración”.

O BNG desmonta a Villar Mir

Con este vídeo o BNG quere sacar a faciana da realidade da explotación materias primas por parte das empresas do empresario imputado. Califican a actitude de Ferroglobe de “pelotazo” ao tempo que solicitan “a comparecencia de Feijóo no próximo pleno, e se fai falta convocar un pleno extraordinario que se convoque, porque están no aire 300 postos de traballo na Costa da Morte, e queremos saber se os empresarios investigados polo financiamento ilegal do PP van terminar por cobrarse a súa factura en Galiza”, indicou a portavoz nacional, Ana Pontón, en visita oficial en Tomiño.

 

En Marea advirte do "pelotazo"

Así mesmo, En Marea, que reuniu de maneira urxente o seu grupo de traballo sobre o asunto, advirte que Villar Mir "conseguirá un novo pelotazo en Ferroatlántica coa complicidadede Feijóo". Para En Marea "os supostos planos industriais que aduce Ferroglobe son unha cortina de fume para conseguir a aprobación de segregación, vender as dúas centrais e co diñeiro obtido en Galicia afrontar outros negocios fóra. Todo co consentimento da Xunta de Galicia e do seu presidente".  

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios