Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Dumbría recibe 6.000€ para ordenar o seu Arquivo

O Concello de Dumbría recibe 6.000€ para ordenar o seu Arquivo
Arquivos municipais copia A Consellería de Cultura e Educación acaba de resolver unha liña de subvencións para a descrición de fondos documentais. E entre os 14 concellos do pais que reciben unha contía, atopamos o Concello de Dumbría, que recibirá 6.000€. O Concello pretende ordenar o Arquivo Municipal, aínda que este só poderá ser un primeiro paso xa que como nos explica o Secretario, “apenas permite a contratación dun arquiveiro ou dunha empresa por 3 meses, e eso dá moi pouquiño para a organización administrativa de todos os papeis históricos que temos, que hai que ir analizando e incorporando ao Sistema de Arquivos que ten a Xunta, o Xaral”. De feito, polo Concello hai tanto material histórico que xa teñen “problemas co espazo físico, porque temos no Arquivo no último piso, e xa non podemos almacenar máis polo peso”, recoñece o Secretario, Constantino Cobas Cotelo. “Non sabes o que pesa o papel”, apunta. A memoria presentada polo Secretario e o Técnico de Empleo, Tomé Freire Blanco, dumbrieses recibíu unha das puntuacións máis altas. O Arquivo dumbriés conta con algún documento de gran valor como os Libros de actas de sesións das Xuntas Municipais de Asociados dos anos comprendidos entre 1876 e 1924; ou o Borrador de ingresos e gastos do presuposto ordinario municipal entre do ano 1886. A resolución pode consultarse en www.arquivosdegalicia.xunta.gal.

Fonte

Comentarios