Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Laxe edita un dvd cos seus tesouros

O Concello de Laxe edita un dvd cos seus tesouros
Laxe é pedra, por que non desembarcas? Así remata o novo DVD de promoción turística que vén de publicar o Concello de Laxe, a través do seu Departamento de Turismo. Un DVD que pretende facer de escaparate dos tesouros naturais, culturais e etongráficos do concello bergantiñán. Un DVD que xa está dispoñible de forma gratuíta na Oficina Municipal de Turismo de Laxe. O proxecto do DVD nacía hai un par de anos, cando dende o Concello prantexaron a necesidade de completar o seu xa amplo material turístico cun novo produto pero que neste caso estivese relacionado coas novas tecnoloxías.

Contidos

Unha pequena curtametraxe de case 10 minutos de duración na que se fala a todos aqueles potenciais visitantes das bondades do municipio. O vídeo comeza cun amañecer e remata cunha posta de sol e durante os seus 10 minutos de duración vai describindo ós turistas o que poden atopar no noso municipio: patrimonio natural como as praias, a lagoa de Traba, os penedos de Traba, as paisaxes...; patrimonio cultural como as igrexas, o faro, os pazos, os hórreos e os cruceiros...; e fai un especial dedicatoria os desaparecidos no mar ó destacar ó final do mesmo o simulacro do naufraxio e a escultura “A Espera” que se colocou recentemente ó carón do Faro de Laxe. Pero este DVD non só contempla esta curtametraxe senón que tamén ten un traballo fotográfico de todo o patrimonio cultural e natural laxense (fotos artísticas, fotos do simulacro do naufraxio, do surf, fotos 360º...etc.). Ademais trae información útil para o turistas: un rueiro interactivo, información sobre os establecementos de restauración e aloxamento de Laxe, o calendario das festas do concello,...etc.

Material turístico do Concello

Con este novo material turístico esta vez informático o Concello de Laxe vén completar a súa xa ampla oferta en material turístico en formato papel como son a Guía Turística de Laxe en galego, castelán e inglés, as rutas de senderismo en castelán e galego; os itinerarios turísticos desde Laxe pola Costa da Morte en castelán, a Guía de servizos e mailo rueiro de Laxe, a ruta dos miradoiros en galego e castelán, o póster, e o salvamantel que se regala os establecementos de hostalería de Laxe.

Laxe, un tesouro por coñecer

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios