Venres. 29.03.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo anuncia medidas legais polo sorteo dunha "subida cunha chica" nun bar-club da vila

O concello de Vimianzo anuncia medidas legais polo sorteo dunha "subida cunha chica" nun bar-club da vila
O mundo dos sorteos parece non ter límites. A nova "ocurrencia" sae dun bar-club ubicado en Vimianzo que ofrece como premio "unha subida cunha chica". Para entrar no sorteo, chega con consumir un cubata no propio local en determinados días da semana. A "orixinalidade" do sorteo corriu sen control nos últimos días a través da aplicación do Whatsapp entre os veciños da comarca. Unha auténtica "mostra de desprezo á muller e de fomento do machismo" tal e como sinala o concello de Vimianzo quen sr enterou deste peculiar sorteo de xeito oficioso. Ademais de reixeitar por completo actividades que "promocionen o proxenetismo e calquera forma de coacción encamiñada ao exercicio da prostitución", o goberno municipal vimiancés vén de anunciar que emprenderá accións legais contra este feito. Nunha nota de prensa emitida esta mañá dende o concello de Vimianzo demostran a tolerancia cero con este tipo de feitos. Así afirman que "non sbase poden permitir este feitos nunha sociedade na que a desigualdade xenera vítimas mortais como efecto da violencia machista. Máis aló de abrir un debate sobre o exercicio da prostitución como actividade, non podemos permanecer impasibles diante destes feitos. Na actualidade a lexislación que se ocupa especificamente do exercicio da prostitución é moi concisa. No Código Penal os artigos 187 e 188 refírense ao exercicio da prostitución baixo coaccións, é dicir o proxenetismo. O concello de Vimianzo vai actuar, con contundencia, en tres vías para garantir que non se vulneren os dereitos das mulleres que decidan exercer a prostitución e, sobre todo, que non sexan coaccionadas para facelo. Por unha banda sométense a unha inspección municipal os locais nos que haxa sospeitas de que se exerce a prostitución, e nomedamente o local que promove o sorteo, para verificar se se axustan á legalidade de competencia municipal. Por outra banda déronselle instrucións ao persoal do Servizo de Benestar do concello de Vimianzo para que desenvolva unha asistencia ás mulleres que exerzan a prostitución neses locais. E por último, trasladáronselle estes feitos ás autoridades competentes, concretamente ás forzas de seguridade e á Fiscalía, para que teñan coñecemento dos mesmos". "Mulleres a prezo de cubata" A organización feminista Buserana tampouco é indiferente ante este feito e exise medidas.  "Unha muller non é unha lotaría, non é propiedade de ningún home que teña un número premiado. Somos libres", sentencian as Buseranas. Dende a organización inciden no interminable camiño de educar ás novas xeracións en igualdade e a implicación de toda a sociedade en denunciar todo tipo de machismo. "As circunstancias persoais de cada unha non poden ser obxecto de trato denigrante, de abuso e de cosificación por parte do rampante machismo ao que nunca se da combatido suficientemente. Esa falla de sensibilidade por parte de empresarios e clientes só indica todo o traballo que queda por facer" indican dende a organización feminista Buserana. Tamén se une a este rexeitamento o equipo de redacción que forma Que Pasa na Costa. ¡Basta xa de machismo e de violencia contra as mulleres!.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios