Venres. 29.03.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo organiza un curso sobre o comercio electrónico

O concello de Vimianzo organiza un curso sobre o comercio electrónico
Entre os día 23 e 27 de xaneiro, o concello de Vimianzo organiza un curso sobre a "Comercialización e venda electrónica" que terá lugar na casa da Cultura en horario de 8:30 a 14:30 horas, cunha duración total de 30 horas. Os interesados en participar, poden anortarse ata o 18 de xaneiro presentando a ficha de inscrición, a fotocopia do DNI ou NIE no seu caso, a fotocopia de demandante de emprego debidamente actualizada, o certificado ou volante de empadroamento e o informe de vida laboral actualizado. No curso abordaranse contidos como introdución aos negocios online, introdución ás plataformas de comercialización, tipos de comercio electrónico, como crear unha tenda electrónica, publicidade da empresa en internet e posicionamento web e referencias lexislativas aplicables ao comercio electrónico. Fonte

Comentarios