Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Coro Xoven de Baio, seleccionado para un festival en Ourense

O Coro Xoven de Baio, seleccionado para un festival en Ourense
Coro Xoven de Baio O Coro Xoven de Baio con Tatiana e Dani Queiro

Menuda canteira que hai na Escola de Música Pepe Baliña de Baio. E se non que llo digan a Tatiana Pankrátova, a directora dun Coro Xoven baiés que acaba de ser seleccionado pola Federación Coral Galega (FECOGA e a Xunta de Galicia para participar no X Certame de coros infantís e xuvenís.

O festival celebrárase en Pobra de Trives (Ourense) o sábado 27 de maio ás 20:00 horas na Igrexa e xunto á agrupación baiesa tamén participarán O Coro infantil Capela Madrigalista (Ourense), Coro Xuvenil San Lorenzo de Belesar de Baiona (Pontevedra), Coro Ilusiones de Griñón (Madrid) e os anfitrións Coraliña Cantora.

O Coro Xoven da Escola de Música Pepe Valiña de Baio fixo a súa presentación no Nadal de 2014 e conta cun variado repertorio baseado en temas de bandas sonoras de películas, música pop, panxoliñas, música litúrxica, folclore internacional e música galega. A pesares da súa curta existencia xa ten actuado en Vimianzo, en Fene e para o programa “Como galegos” da TVG, ademais dos dous concertos anuais na súa vila natal. Está composto por unha ducia de rapazas e rapaces de entre 7 e 13 anos que cursan estudios de piano e linguaxe musical coa profesora e directora Tatiana Pankrátova.

Nesta actuación estarán acompañados polo pianista Pablo Queiro.

Fonte

Comentarios