Venres. 29.03.2024
El tiempo

O debate sobre o proxecto mineiro Isabela II volve ao Parlamento

O debate sobre o proxecto mineiro Isabela II volve ao Parlamento
"A Xunta nunca aprobará ningún proxecto extractivo no que se empregue cianuro" subliñou onte no Parlamento o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, en resposta a unha pregunta de AGE - Alternativa Galega de Esquerdas - en relación ao proxecto mineiro Isabela II. En relación á situación dos permisos, Ángel Bernardo asegurou que "non están outorgados se non que están en tramitación administrativa". O deputado de AGE, Ramón Vázquez, preguntou previamente sobre a posición da Xunta de Galicia respecto do desenvolvemento de proxectos de extracción de ouro a ceo aberto mediante a técnica de utilización de cianuro, a súa valoración respecto da solicitude de permiso de exploración presentada pola empresa Grupo M-FM nos concellos de Santa Comba, Zas, Vimianzo e Coristanco, así como a situación do Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios