Xoves. 25.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
22:15
03/04/09

O Día de

As verdades como puños de José Luis Louzán

Resulta que tal dia coma hoxe do ano 79 se celebraron en Galicia as primeiras eleccións municipais do período democrático. Unha cita que, nalgún caso (en poucos) poñía por primeira vez a fronte dos consistorios a persoas realmente elixidas polos seus veciños de xeito libre e democrático. Imaxino aqueles tempos como cheos de ilusión, de incertezas, pero tamén de animo e de espírito democrático. Que lonxe da actualidade.

Os exemplos deste mesmo ano resultan, na Costa da Morte, e no momento actual un autentico rosario de rexedores eventuais, dimisionarios, expulsados dos seus partidos ou directamente inútiles. Poderíase facer un marcador do tipo Enxuiciados-2, Delincuentes-1, gañan os enxuiciados, pero sería, tal vez, demasiado escandaloso ( e o corazón dos meus editores non esta para demasiados espasmos máis). Pero que quede claro que, aínda que a maioría da xente lle importe un bledo, a algúns si nos parece fatal que os concellos se convertesen en niños de ladróns e fauna salvaxe variada, so co fin de enriquecerse e enchufar a algún parente nun posto publico.

A min polo menos me parece lamentable que un rexedor, que esta xa mais dentro que fora, a espera dun posto na próxima administración autonómica, deixe de exercer nas súas funcións de xeito practicamente total, o tempo que trata de aproveitar o ultimo refugallo de poder municipal para deixar os seus amigos e parentes “colocados e ben colocados”. A min a lo menos me parece de escándalo que un rexedor teña a mais dun tercio da súa familia instalada no persoal municipal, ou que padeza dunha amnesia sobresaínte cando de lembrar a determinados delfíns (¿como se di en feminino delfín?) agora condenadas o ostracismo e expulsadas do paraíso.

Eu considero vergoñento e lacerante que a institución mais cercana o cidadán cumpra 30 anos inmersa nunha crise de valores que fai que unha estatística recente afirme que mais do 75% dos cidadáns maiores de idade consideran que pagan demasiados impostos municipais, so co fin de lucrar a aqueles que traballan para o Concello.

E como tantas cousas, a vida segue, o sol sae e se pon, homes e mulleres traballan contra da administración e non o seu favor e as ordenanzas e bandos carecen de sentido ou directamente de cobertura legal. Letras de FIN, fundido a negro, títulos de crédito e todos para casa.

  • José Luis Louzán.

Comentarios