Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O dumbriés Pablo Costa e as benxamíns do Olimpia, protagonistas nos Provinciais da Pobra

O dumbriés Pablo Costa e as benxamíns do Olimpia, protagonistas nos Provinciais da Pobra
Benxaminas do Olimpia na Pobra As Benxaminas do Olimpia triunfaron na Pobra

Celebrábase este pasado sábado 18 de febreiro, o Campionato Provincial de Campo a Través no Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, e a Costa da Morte tivo unha nutrida presencia. De feito, o Olimpia de Cee chegaba á Barbanza coa participación máis numerosas da súa historia, despois dos grandes resultados dos Intercomarcais. Nada menos que 22 atletas do club ceense se clasificaban para estes provincias, pero non todos puideron asistir por diverssos motivos.

En todo caso, os atletas puideron gozar dunha gran xornada de atletismo nun circuíto moi bonito a carón do mar e cunhas condicións metereolóxicas idóneas, sendo respectados pola choiva. A xornada contou co broche das benxaminas que acadaron o 3º posto por equipos completando unha gran participación con Eire, Lucía, Liana, Martina e Sabela encabezando o grupo, destacaron tamén os onceavos posos de Laura na categoría alevín feminino e de Miguel na categoría infantil masculina.

A nivel individual cómpre resaltar outro nome, en categoría benxamín masculino, que non é outro que o do gañador Pablo Costa Carabel, alumno de 3º do CEIP Santa Eulalia de Dumbría.

O dumbries Pablo Costa no alto do podio da Pobra O dumbriés Pablo Costa no alto do podio da Pobra

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios