Imprimir

O Entroido de Baiñas quenta motores

José Luis Louzán | 16 de xaneiro de 2018

Como xa empeza a ser tradicional, a festa de Entroido da parroquia vimiancesa de Baiñas celebrarase este ano o sábado 17 de febreiro. Coma en anos anteriores, o programa incluirá desfile de comparsas e grupos con premios aos mellores en cada categoría e tampouco faltará a degustación popular de lacón con grelos e filloas a prezos populares.   As comparsas ou grupos que desexen anotarse para o desfile deberán contactar con Javier (667654088). Todas as comparsas que participen no desfile recibirán unha axuda económica do Concello de Vimianzo.  
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/vimianzo/o-entroido-de-bainas-quenta-motores/20180116063439086780.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia