Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Entroido de Fisterra xa ten data e bases

O Entroido de Fisterra xa ten data e bases

Entroido-de-Fisterra-2018-Trotamusicos-2 Unha dos Trotamúsicos na actuación do Entroido do ano pasado

Dende que tocaron as baladadas de findano, e nalgún caso moito antes, xa comeza a cheirar a entroido por Fisterra. A vila do Cristo vive dun xeito especial esta festa e a preparación que requiren as actuacións das comparsas fai necesario comezar a traballar con meses de antelación.

E xa poden os fisterráns reservar data, reservar o día de vacacións (o mércores de despois do concuso case é sagrado…) pois o martes 5 de marzo de 2019, o pavillón de Fisterra volverá encherse de risas e retranca. O Concurso de comparsas máis auténtico da Costa da Morte volverá servir de pulso da sociedade costeira. As comparsas teñen ata o 15 de febreiro ás 14:30h para inscribirse e loitar polos 1.400€ do primeiro premio, 1.100 do segundo ou 800 do terceiro.

En todo caso, as todas participantes levarán 300€ de compensación polo esforzo que require a actuación.

Ademais, o Concurso Infantil de disfraces realizarase o domingo 3 de marzo ás 17:00h na PRaza da Constitución.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-entroido-de-fisterra-mais-sagrado-que-a-resurreccion/

Novas do Entroido Fisterrán

Máis novas

Fonte

Comentarios