Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Esteiro do Anllóns, máis limpo gracias aos voluntarios de Mar de Fábula e as Píllaras das Dunas

O Esteiro do Anllóns, máis limpo gracias aos voluntarios de Mar de Fábula e as Píllaras das Dunas
Limpeza do Esteiro do Anllons Sacos recollidos na Limpeza do Esteiro do Anllóns ​ Nova demostración do poder ambiental do voluntariado. Non hai máis que ver a cantidade de sacos co lixo recollido para decartarse de que un pouco de traballo conxunto fai moito. Foi unha intensa mañá, a do sábado 5 de maio, de recollida ambiental de residuos do Esteiro do Anllóns, convocada polos colectivos Mar de Fábula e as Píllaras das Dunas, coa colaboración do Concello de Ponteceso, na que participaron uns 35 voluntarios/as (era unha participación limitada por estarmos operando sobre unha paraxe especialmente sensible). O bo tempo permitiu facer unha gran colleita, que permitíu, ademais de cumprir os obxectivos medioambiental e tamén reivindicativo cos que foi deseñada, permitise desfrutar do espectacular espazo natural na que se levou a cabo.
Os voluntarios encheron uns 80 sacos (sacos moi curiosos, da axuda dos USA para a limpeza do Prestige). O meirande volume foron aparellos de pesca e redes que xa tiñan botado raíces na xunqueira. O resto, o lixo plástico de sempre que invade a nosa ribeira. A limpeza tivo tamén a súa parte de aventura. Unha porcentaxe de sacos, ben trincados, foron embarcados en 5 canoas para ser retirados por terra pola outra beira da ría. 
O Concello de Ponteceso colaborou na limpeza achegando todo o material preciso, desde os sacos ata os camións para transportar o lixo ata o punto limpo, e ademais fíxose cargo do seguro para os/as voluntarios/as. Foto de familia da Limpeza do Anllóns Foto de familia da Limpeza do Anllóns

Fonte

Comentarios