Venres. 29.03.2024
El tiempo

O executivo de Carnota rexeita o campionato de caza de raposo que queren realizar este sábado nos montes de Muros e Carnota

O executivo de Carnota rexeita o campionato de caza de raposo que queren realizar este sábado nos montes de Muros e Carnota
Equilibrio Cinexetico Caza do Raposo-Eres Curioso Viñeta de Eres Curioso

Tivo coñecemento o BNG de Carnota por canles extraoficiais da inteción de organizar un "campionato" de caza do raposo nos montes carnotáns. A Asociación Animalista Libera destapaba que a intención dos cazadores é o organizar o sábado 26 nos montes de Muros e Carnota.

LIbera invita a enviar unha queixa á Xunta pola nova matanza do campionato de caza do raposo en Muros e Carnota LIbera invita a enviar unha queixa á Xunta pola nova matanza do campionato de caza do raposo en Muros e Carnota

Por agora a Federación Galega de Caza non solicitou formalmente permiso municipal, e dende o Concello aseguran que sería rexeitada no caso de ser solicitada oficialmente, pois o executivo local, conformado integramente por membros do BNG, “rexeita calquera forma de crueldade contra os animais e moito máis este tipo de eventos que baixo o disfraz de actividade deportiva veñen a promover a matanza indiscriminada de animais”.

Argumenta o BNG que o raposo carece de interese cinexético, ”tanto é asi que en eventos similares os exemplares abatidos van directamente para o contedor de lixo”.

Sinalan ademais que “este tipo de eventos poidan celebrarse sen a autorización do goberno local, botando por terra anos de politica medioambiental, pois a maior parte do territorio de Carnota está protexido baixo diversas figuras legais coma a Rede Natura, que supoñen obstáculos para o día a día da veciñanza e mesmo para as súas actividades agrogandeiras tradicionais, mais logo ao parecer non supoñen ningún problema para realizar matanzas indiscriminadas das especies naturais que albergan”.

Aproveita o grupo local para “condenar que a Xunta do PP autorice eventos deste tipo sen sequera consultar coas administracións locais”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-caza-do-raposo-no-punto-de-mira/

Máis novas

Comentarios