Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O instituto Fernando Blanco presentou onte a súa IX Olimpíada cultural O saber ten premio

presentacion saber ten premio
O salón de actos do Fernando Blanco, ateigado na presentación da IX edición de "O saber ten premio".
O instituto Fernando Blanco presentou onte a súa IX Olimpíada cultural O saber ten premio

O instituto Fernando Blanco realizou onte a presentación da IX Olimpíada cultural O saber ten premio. Alumnado da ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, FP básica, EPA e CUALE foron informados no salón de actos das bases para facer equipos e das datas para inscribirse, así como de todo o funcionamento da Olimpíada.

Os participantes xogarán por equipos a un xogo de preguntas exclusivo do IES Fernando Blanco e que versa sobre todos os coñecemntos impartidos no centro. Os que cheguen á Gran Final, que será no mes de abril, participarán nun acto no que, ademais de xogar ao devandito xogo educativo e participar nun debate sobre un tema de actualidade, haberá actuacións doutro alumnado do centro e entregaranse os premios.

O patrocinio dos 3 premios corre a cargo das seguintes empresas da Costa da Morte:

1º premio: Ferroatlántica

2º premio: Compucee (Aplicaciones informáticas Costa da Morte, SL)

3º premio: Ferretería Roget (Severo Roget Romero)

Comentarios