Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Festival Shanti On enche de paz Santa Comba

O Festival Shanti On enche de paz Santa Comba
Festival de Ioga de Santa Comba 1 Festival de Ioga de Santa Comba Festival de Ioga de Santa Comba 5

Máis de 400 persoas participaron durante toda a fin de semana nas diferentes actividades do Festival Shanti On, que converiu Santa Comba na capital do mundo do ioga e a meditación da península.

Os mellores especialistas de varias disciplinas estiveron na vila xalleira, enchendo de paz a bisbarr.

Singularmente importantes foron as sesións de formación para os formadores, coa Escola de Yoga Integral Mahasakti, primeiro nivel nacional. Pero ademais da formación, houbo moita meditación, charlas e expositores sobre Medicina Natural e Alimentación Enerxética e Macrobiótica, un deses conceptos que xa están en boca de todos.

Houbo ducias de actividades para nenos, presentacións de libros como o de Sri Aurobindo “Síntesis del Yoga”, Parte III Yoga de Autoperfección. Ademais, os concertos, os showcookings e a capoeira completaron unha fin de semana moi inspiradora.

A gran culpable, ademais da aposta municipal por un evento coma este, é a a mestra Alexandra Rogers das clases do Concello, unha muller está moi implicada no “mundiño” que se volcou na súa organización.

Festival de Ioga de Santa Comba 7 Festival de Ioga de Santa Comba 2 Festival de Ioga de Santa Comba 3 Festival de Ioga de Santa Comba 7 Festival de Ioga de Santa Comba para nenos Ecovasos do Festival de Ioga de Santa Comba

Fonte

Comentarios