Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Bandas de todo o planeta para os 22 anos do Festival Xirial Pop

Xabier Grana e Evencio Ferrero presentando o Xiria Pop Carballo 2019
Xabier Graña e Evencio Ferrero presentando o Xiria Pop Carballo 2019
Bandas de todo o planeta para os 22 anos do Festival Xirial Pop

22 anos cumpre o Festival Xiria Pop, un dos festivais decanos da Costa da Morte, e unha das citas independientes en formato pequeno de maior calidade de Galicia, cuxo eco chega a todo o estado. De feito, este ano está confirmada a presencia de seareiros de Mallorca e de Asturias, entre outros puntos de España.

Unha calidade que este ano refrendan 7 bandas encabezas polos Rockfiles do británico Billy Bremner (guitarrista dos míticos Rockpile), que fará un repaso completo dun disco histórico no rock and roll, Seconds of Pleasure. Outros dos destacados serán os mallorquinos La Granja (na súa segunda visita a Carballo). E a nota máis exótica serán os Gutara Kyo, o primeiro grupo xaponés en subirse ao escenario da sala Dublín.

E todo, como sempre, a prezos de saldo: 10 euros a entrada diaria, 15 euros o abono para as dúas sesións.

O fundador, alma e organizador do festival, Xabier Graña, e o alcalde Evencio Ferrero, agradecéronse mutuamente o traballo a prol da cultura. O Festival custa un 15.000€ que sen a axuda municipal non sería posible asumir, mentres que o alcalde valora a aposta cultural tan lonxeva que arma Graña.

As bandas

Gra fixo fincapé na presencia dos vigueses Basanta, unha banda impactante na súa estética. “Veñen de recibir o galardón ao mellor disco do estado nos premios PopEye” [premios da Música e a Creación Independente, que se outorga dentro do marco dos Premios Nacionais da Música e as Artes]. “Estamos encantados”, engadiu, “porque é publicidade a maiores para o festival. Xa os tiñamos contratados hai meses, cando non eran tan coñecidos; seguramente agora sería moito máis complicado traelos ao Xiria”.

O venres antes dos cabeza de cartel estarán unha banda moi na súa liña, os veteranos barceloneses Surfin Burritos. Pecharán a noite do venres La Granja. “Todo o mundo saben quen son La Granja, un grupo mítico español tamén de finais dos 80, principios dos 90, con moito tirón: se cadra non é unha banda da división de honra, pero si da primeira división”.

Para o sábado, abrirán lume os Superser, de Cedeira, “unha banda de músicos novos pero que xa levan tempo pateando escenarios e festivais e que veñen de ter un éxito importante no Festival Noroeste da Coruña”, comentou Graña. Seguiranlle La Secta, “un grupo de Bilbao dos anos 90; un grupo fantástico, que no seu momento non tivo moita sona, eran máis de culto, pero que ultimamente están tendo máis repercusión”. Pecharán o festival os xaponeses Gutara Kyo: “Van dar varios concertos por Europa porque os chamamos do Xiria Pop e, ao final, conseguiron montarlles un xira. Eu creo que van ser unha das sensacións desta edición: se non cae a Dublín desta, xa non cae máis”.

Programa na Sala Dublín

Festival Xirial Pop Carballo 2019

VENRES (horarios aproximados):

  • Basanta (22.00).
  • The Surfin Burritos (23.00).
  • Billy Bremner's Rockfiles (00.15).
  • La Granja (01.30).

SÁBADO (horarios aproximados)

  • Superser (22.00)
  • La Secta (23.00)
  • Gutara Kyo (00.30)

Comentarios