Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Fisober arranca a tempada 2016/2017

O Fisober arranca a tempada 2016/2017
Ana, Noe e Myre son tres das xogadoras do Fisober que levan no clube dende a sua fundacion Ana, Noe e Myre son tres das xogadoras do Fisober que levan no clube dende a sua fundación O pasado martes o Fisober F.S.F. comezou os adestramentos da tempada 2016/2017 na que o clube militará na 2ª División Nacional; concretamente no grupo 1 xunto con equipos cántabros, vascos, rioxanos, navarros, arragoneses e outro galego. Así, o primeiro partido de liga terá lugar o 24 de setembro ca visita ao C.F.S. Calceatense da Rioxa. En canto ás renovacións de cara a presente tempada o clube, que agora adestra nas instalacións do Conco, acaba de dar a coñecer as tres primeiras. Todas elas son xogadoras que levan no equipo dende a súa fundación - setembro de 2004 - e que pasaron por todas as categorías ata chegar ao primeiro equipo. Trátase de "Ana" - Ana Mouzo Mosquera - natural de Vimianzo; "Noe" - Noelia García Costa - tamén vimiancesa e "Myre" - Myrella Ventura Amado - de Ponteceso.

Crónicas da temporada Fisober

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios