Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fisober ponse a punto en Moaña

O Fisober ponse a punto en Moaña
O Fisober en Moana

O vindeiro 24 de setembro arrinca a 2ª División Nacional Feminina. Aí estarán, de novo, as rapazas do Fisober FSF, que completaron a pretempada cun triangular disputado en Moaña, que servía de presentación ante o seu público para o equipo local O Pirata F.S. Morrazo, no que tamén estaban convidados o Cidade de Pontevedra e o cadro costeiro, todos eles equipos da 2ª División Nacional.
Un torneo que serviu as costeiras para ultimar a preparación para o campionato de liga que comezarán a vindeira semana coa visita a terras rioxanas onde visitarán ao Calceatense o vindeiro sábado.

Así estiveron as Leti, Ana, Bárbara, Inés, Paula Fandiño, Mai, Myre, Noe, Nuriña e Lía, competindo cara a cara. O primeiro partido (eran de 20 minutos) foi para as locais, que vencían 3-0 ás nosas. No segundo, o resultado foi máis apretado, 1-0 para o Cidade de Pontevedra. No partido que pechaba o torneo O Pirata gañaba por 3 a 2 ao Cidade.

Agora, toca comezar a competición nacional, e podedes seguir as novidades en www.fisoberfsf.com , que estrea novo “look”.

Mai e Noe do Fisober Dumbria en Moana Mai e Noe do Fisober Dumbría, en Moaña

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios