Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Fisober ten canteira

O Fisober ten canteira

Este sábado día 7 de xullo as máis novas do Fisober, Meigas e as E.D.M. de Negreira disputaron o I Torneo Fútbol Sala Femenino Vila de Negreira. E as pequenas costeiras demostraron que o futuro está ben cuberto. Non puideron facerse co título pero raiaron a gran altura.

Desenvolvemento do Torneo

O primeiro partido enfrontou o Fisober e as E.D.M. de Negreira e o resultado foi de 8-2 a favor do Fisober. Polo Fisober xogarón Natalia como porteira, Pauliña, Noe, Inés e Laura, no 5 inicial e tamén xogaron Amanda e Nuriña. Os goles do Fisober neste partido foron Noe (2), Pauliña (2), Nuriña (2) e Inés (2).

O Meigas derrotaba no segundo partido ao Negreira polo que o derradeiro encontro servía de gran final.

No partido que decidía o título entre o Meigas e o Fisober o resultado foi de 4 a 1 a favor do Meigas. Non puideron as de Luís Alberto Sambad ante as potentes xogadoras do Meigas. Desta volta o gol foi obra de Inés.

Co cal a clasificación final do torneo foi : 1º clasificado Meigas ; 2º clasificado Fisober e 3º clasificado E.D.M. de Negreira. Os trofeos do evento foron donados por Aquacenit Ocio e Deporte.

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios