Venres. 19.04.2024
El tiempo

AXUDAS

O GALP abre un mes de prazo para a solicitude de axudas de proxectos relacionados co mar

Programa de AXudas do GALP Costa da Morte 2019
O GALP abre un mes de prazo para a solicitude de axudas de proxectos relacionados co mar

SeO GALP Costa Sostible, o do sur da bisbarra que inclúe aos concellos costeiros das comarcas de Fisterra e Muros-Carnota (ademais de Outes, Noia, Porto do Son), comeza o seu programa de difusión da súa temporada de axudas. Axudas abertas ata o 1 de marzo, como vén publicaod no DOG.

Poden presentarse proxectos produtivos ou non produtivos, que contribúan aos obxectivos da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP), sempre que haia unha vinculación directa co mar.

Se ben son moitos os proxectos aprobados nos últimos anos relacionados co turismo e hostalería, a xerente do GALP Manuel Oviedo indica que o 68'4% das axudas concedidas desde o 2016 foron directamente para a modernización do sector pesqueiro.

Vindeiras xornadas

O GALP xa ten formuladas dúas xornadas para esta vindeira semana. A primeira será o xoves 14 de ferbreiro no Coliseo Noela de Noia sobre Turismo Patrimonio e Pesca. A segunda desenvolverase o sáabdo 16 de febreiro na Confraría de Pescadores de Portosín (Porto do Son), unha xornada dedicada a poñer de manifesto a importancia das “marcas ligadas ao produto”.

Podes informarte en costasostible.com e podes inscribirte cubrindo o formulario de inscrición ou ben dirixíndose ao correo electrónico [email protected]).

Novas relacionadas

Comentarios