Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Galp Costa da Morte aproba once novos proxectos

O Galp Costa da Morte aproba once novos proxectos
Once proxectos (5 productivos e 6 non productivos) verán a luz despois de que a xunta directiva do Grupo de Acción Local de Pesca (Galp) Costa da Morte aprobara na reunión de onte os proxectos presentados a primeira convocatoria de 2018, incluídos na Estratexia de desenvolvemento Local Participativo da Costa da Morte 2014- 2020 do programa de axudas Fondo Europeo Marítimo de Pesca. Nesta primeira convocatoria presentáronse un total de 14 proxectos, 7 de carácter produtivo e 7 de carácter non produtivo cunha inversión total de mais de 2 millóns de euros. Tipos de proxectos Dos proxectos aprobados hai un de restauración ligados a gastronomía dos produtos do mar da zona, de incremento de aloxamento, actividades de surf e de novas formas comercialización de produtos de mar. Respecto os non produtivos aprobáronse proxectos destinados á difusión da cultura mariñeira, das actividades do mar (tanto profesionais como deportivas), medioambientais, recuperación do patrimonio marítimo e redución de residuos plásticos (mediante reparación de elementos de este material que se utiliza nas labores da pesca). O importe de inversións dos proxectos aprobados ascende a un total de 1,8 millóns de euros e o importe da axuda ascende a algo mais de 970.000 euros. Dende o Galp Costa da Morte inciden que o prazo de presentación de proxectos continúa aberto durante todo o ano. Novas relacionadas Fonte

Comentarios