Venres. 19.04.2024
El tiempo

O GDR aposta por unha clínica de podoloxía en Mazaricos e un centro social en Vimianzo

O GDR aposta por unha clínica de podoloxía en Mazaricos e un centro social en Vimianzo

A Xunta Directiva da asociación GDR Costa da Morte –presidida por Manuel Muíño- vén de aprobar na súa última reunión (celebrada na tarde-noite de onte) dous novos proxectos: a creación da clínica de podoloxía Pieses (Mazaricos), e maila rehabilitación e adaptación dun edificio para centro social para a C. M. V. M. C. de Cures e Mouzo (Vimianzo).

No primeiro caso, o orzamento ascende a 13.578 €, e o importe da axuda sitúase nos 5.974 €, o que supón un 44% sobre o total.

O orzamento no caso do centro social da C. M. V. M. C. de Cures e Mouzo elévase a 47.353 €. A contía da subvención é de 31.253 €, cifra que se traduce nun 66% sobre o importe total.

Ambos proxectos contan coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e xa foron aprobados pola Xunta Directiva do GDR Costa da Morte.

Agora foron remitidos novamente a AGADER para que este organismo emita as resolucións e llelas envíe aos promotores.

Proxectos de Medio Ambiente

>

A Xunta Directiva tamén acordou participar en dous proxectos para concorrer á convocatoria de proxectos de cooperación do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino. O primeiro deles é sobre reservas de biosfera, mentres que o segundo é sobre o fomento da innovación no medio rural.

Ademais, os directivos da entidade estudaron as posibles liñas de actuación no marco do Programa de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural para o período 2010 – 2014, que se irán concretando en vindeiras reunións.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios