Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O GDR Bergantiños incrementa as variedades de cultivos na bisbarra

O GDR Bergantiños incrementa as variedades de cultivos na bisbarra

Non paramos de loubar o compromiso do Grupo de Desenvolvemento Rural Bergantiños para co territorio. O Proxecto Novos Horizontes segue tratando de evitar que os transxénicos invadan as nosas terras a base de recuperar as sementes tradicionais. A semana pasada enviaban como 180 quilos de trigo á Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa de Quilmas, e esta semana coñecemos como seguen espallando produto da casa.

I é que o GDR amplia a variedade de cultivos de horta que se distribuirán entre os produtores da zona que participan no proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”. Esta iniciativa permitirá poñer en marcha nesta anualidade varios campos experimentais de distintos cultivos de variedades tradicionais. As sementes, facilitadas polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, son as seguintes: pementos (Arnoia, Oimbra, Punxín, Piñeira, Vilanova, G Couto 117, G Couto 120), cebola (de Betanzos, Ribadeo e Vilagarcía), tomate (Avoa de Osedo, Negro de Santiago, de Ourense e apementado) e repolo de Betanzos.

O grupo ten almacenados 450kg de pataca fina de Carballo, recollida na campaña 2011, que serán distribuidos entre produtores da comarca e doutros territorios participantes no proxecto que mostren interese en desenvolver parcelas demostrativas deste cultivo.

Convenio co EFA

Ademais, o GDR asinou un convenio de colaboración co activísimo Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa, a través do cal esta entidade prestará asistencia técnica aos produtores e levará a cabo o seguemento das parcelas postas en marcha dentro do proxecto “Nuevos Horizontes”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios