Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O GDR Costa da Morte aproba dous novos proxectos

O GDR Costa da Morte aproba dous novos proxectos
A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, aprobou na súa xunta directiva, celebrada o pasado mércores, 9 de xullo, dous novos proxectos. O primeiro deles, destinarase á construción dunha nave para ampliación dunha empresa adicada á moenda e venda ao por maior de cereais, situada no Concello de Vimianzo. O orzamento aceptado ascende a 397.253,77€, e o importe da axuda sitúase nos 163.867,18€, o que supón un 41,25% sobre o total. O outro dos proxectos aprobados, consistirá na instalación dun sistema de muxido automático, tamén no Concello de Vimianzo. O orzamento aceptado ascende a 140.000,00€, e o importe da axuda sitúase nos 49.560,00€, o que supón un 35,40% sobre o total. Os proxectos contan coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foron aprobados en firme pola Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR e agora remítenselle estas aprobacións a AGADER para que emita as resolucións e lle las envíe directamente aos promotores.

Comentarios