Venres. 19.04.2024
El tiempo

O GDR pon en valor os sectores económicos da bisbarra

O GDR pon en valor os sectores económicos da bisbarra
Presentacion do GDR nas Torres do Allo Interesante a nova proposta do GDR Costa da Morte de posta en valor da bisbarra. Desta volta o tema non vai de recursos turísticos, se non de produtos. Onte a entidade facía a presentación oficial nas Torres do Allo da nova campaña de vídeos promocionais, como dun mapa de Feiras e Mercados e un Calendario promocional da Costa da Morte. Unha cita á que acodían numerosos alcaldes e representantes dos sectores económicos da zona, que presentaban Lito Velo, como representante do Concello de Zas, o vicepresidente do GDR Francisco Javier Trillo, e un representante da empresa que desenvolve o proxecto. O máis singular son os vídeos, uns spots de promoción de produtos do territorio co lema ”O que hai que ter”. Os protagonistas son os propios produtores da bisbarra, sendo artesáns, ou profesionais das explotacións forestais, gandeiras, de horticultura, de produción leitera… Iremos recuperando eses vídeos estas semanas.

Mapa e Calendario

Interesante o Mapa-Guía, unha iniciativa para promover as Feiras e Mercados da Costa da Morte, que serve para darlle unha entidade ás feiras mensuais ou anuais de cada vila. Dende as feiras de cada domingo en Cee, ata a Mostra da Olería de Buño, nesta guía cabe todo. O Calendario 2018 ten tamén unha temática específica dos recursos materiais con imaxes dos 17 concellos.

Novas relacionadas

<iñ>

Fonte

Comentarios