Venres. 29.03.2024
El tiempo

O GES de Muros recupera a motobomba

O GES de Muros recupera a motobomba
motobomba-ges-muros O GES de Muros recibiu unha motobomba mentras non recupera a de titularidade municipal, danada nun accidente O delegado territorial da Xunta na Coruña - Ovidio Rodeiro - entregou onte á tarde unha motobomba forestal ao concello de Muros para que preste servizo neste Grupo Supramunicipal de Emerxencias - GES - mentres non recupera a de titularidade municipal, que sufriu importantes danos nun accidente de tráfico. O delegado acudiu acompañado polo xefe territorial da consellería do Medio Rural e polo xefe do Servizo Contra Incendios da provincia da Coruña. Trátase dunha motobomba marca URO cunha cuba con capacidade de 4.000 litros. Dispón dunha bomba combinada. A Xunta de Galicia acordou esta cesión en virtude do importante papel que desempeñan os medios dos GES na loita contra os incendios forestais en colaboración cos medios propios da consellería do Medio Rural. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, foi a encargada de recibir o vehículo cedido. A Lei do Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia establece que con carácter excepcional, e sempre que non resultasen necesarios para o desenvolvemento das actividades propias, poderá autorizarse por prazo máximo dun ano, prorrogable por outro, o uso temporal dos bens do patrimonio da comunidade a persoas físicas ou xurídicas para a realización, sen ánimo de lucro, de actividades que satisfagan fins públicos e non resultasen contraditorias coa afectación do ben. Fonte  

Comentarios