Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O goberno en Ponteceso da conta ao consello escolar dos cartos investidos en 2017

O goberno en Ponteceso da conta ao consello escolar dos cartos investidos en 2017
O Concelleiro de Educación Carlos Penedo e o Alcalde de Ponteceso, deron conta diante do consello escolar municipal das obras por importe de 60.000 euros que se acometeron en 2017 nos centros de primaria da localidade. En palabras de Penedo “nunca se fixera tal investimento nos centros, apostamos forte pola educación pública galega.” O Concelleiro de Eduación en Ponteceso, coa Vicepresidenta da ANPA e o Director do centro No Ceip Pondal cambiouse todo o alumeado do centro a tecnoloxía led para promover o aforro enerxético e mellorar as condicións lumínicas para o alumnado. Tamén se instalou un sistema de megafonía con música retirando a molesta serea de entrada e saída, co que se respectan os dereitos do alumnado con intolerancia aos ruidos e se promove o coñecemento da música. O terceiro gran investimento foron 17 portas cos seus marcos que foron renovados por completo. Tamén se substituíron 69 repisas de fiestras de madeira en mal estado por repisas de azulexo ou pedra, cambiáronse as ventás da biblioteca por cristais estancos en lugar dos obsoletos de persiana, e tamén algúns que estaban rotos. Tamén se instalou unha canastra e se podaron as árbores do patio. Os baños foron mellorados tamén coa reposición de numerosos elementos rotos, e se renovaron bancos. Nas Forcadas renováronse as portas da entrada, investimento que non quixo facer a Xunta de Galicia, sustituindo portalóns de madeira en mal estado por portas dobres transparentes de aluminio e cristal. Estas portas eran unha vella demanda do colexio As Forcadas. “Estamos encantados coa porta, antes era como se entráramos nun almacén” engadiu unha mestra que forma parte do consello. Ademáis de ser transparentes e iluminar con luz natural a recepción do colexio, as portas son antipánico e polo tanto cumpren os requisitos de seguridade. Os investimentos nas Forcadas incluíron moitas outras actuacións en portas, fontanería e albanelería coa colaboración do conserxe do centro, que executa moitas das obras. Todas as obras foron executadas por empresas da Trabe (carpinteiro, electricista), Brántuas (carpinteiro), e o parque empresarial de Tella (aluminio, cristal) e os materiais viñeron de almacéns locais (Pazos). “Mellorando os centros tamén axudamos a economía local” engadiu o Alcalde de Ponteceso. Aínda que o inspector representante da Xunta de Galicia non asistiu á reunión, o consello escolar municipal acordou solicitar a esta prazos concretos para a construcción do ascensor do Ceip Eduardo Pondal, na Trabe, e a mellora da pista deportiva do Ceip As Forcadas, de Corme. O xefe territorial de educación visitou o centro das Forcadas tal e como lle pedira o consello escolar municipal en decembro de 2017, pero non avisou da visita nin á prensa nin ao Concello de Ponteceso, polo que non concretou ningún prazo para as melloras no centro educativo. O Consello Escolar municipal aprobou unánimemente as solicitudes do IES Pondal de executar as obras de control das filtracións exteriores no edificio antigo por humidades, e impulsar a FP co novo ciclo de carrozaría, que precisa dun só profesor para introducirse. Tamén se acordou establecer liñas de colaboración Concello-Ies-empresarios para impulsar os ciclos locais. A comunidade educativa pediu tamén ao Concello continuar o esforzo de investimento con novas portas e baños no Ceip As Forcadas, melloras eléctricas, a mellora da pista norte e o control das árbores que rodean o centro e a pintura exterior no verán. No Ceip Pondal pediron melloras nos xogos para infantil e na valla perimetral detrás da nova canastra do patio das bandeiras.

Comentarios